Mentireira! Merécelo mil veces e outras tantas máis.
Mentireira! Que telo merecido por tratarme mal.
Era un neno, un inocente, un soñador,
un poeta peinadigno cara atrás,
un futuro Premio Nobel do amor,
dos noventa un tamagochi nas túas mans.
Mentireira! Merécelo mil veces e outras tantas máis.
Mentireira! Que telo merecido por tratarme mal.
Xa non era todo coma ten que ser
e cuspíchesme na cara sen parar
e dixeches: “Mira, mozo, que che den”,
dinme conta que non te podía amar.
Mentireira! Merécelo mil veces e outras tantas máis.
Mentireira! Que telo merecido por tratarme mal.
Moza, terma dos cabalos que tes moito xenio!
Terma do xenio, mocigna, que das moito medo!

Mentireira!
Mentireira!